TU COMUNIDAD DE CUENTOS EN INTERNET
Noticias Foro Mesa Azul

Inicio / Cuenteros Locales / axouxere / A BOLBORETA E O PRINCIPIÑO

[C:20364]

A BOLBORETA E O PRINCIPIÑO

Érase unha vez una bolboreta que voaba nunha noite solitaria. Voaba para coñecer novos lugares, novas costumes, novas xentes, e saber das formas de facer dos habitantes doutros lugares.

Nesa noite a bolboreta, tras unha longa viaxe e atopándose lonxe de onde ela vivía, decidiu descansar un intre nun pequeno lugar. Parouse a pensar ónde estaría e quén viviría alí, se era que vivía alguén. Tratábase dun lugar cálido, no que se vía unha gran lúa chea color amarelo, pero non parecía moverse nada, nen ninguén. Somentes se vían pedras pequenas ó longo dun camiño rodeado de árbores altas, nas cales tampouco se movían as follas.

Á bolboreta éntraballe sono. A pesares de que poidera parecer un lugar triste a primeira vista, ofrecíase ó prácido descanso tan agradecido tras unha viaxe. Tampouco sentía medo, pois parecíalle como estar envolta nun halo de serenidade, como protexida por alguén.

Xa estaba a bolboreta a soñar coas súas cousas, cando de repente espertou cos pasos da chegada de alguén.

Un rapaz achegábase por un camiño, asubiando, coas mans nos bolsillos e cabilando, porque era moi pensativo, nas suás cousas. Acercouse paseniño e mirou de reollo á intrusa. Un pequeno aceno de extrañeza apareceu na súa cara e acercouse para ver se coñecía a aquela bolboreta. Foi entón cando ela comenzou a se mover e querer abri-los ollos.

-Hola bolboreta, son o principiño deste lugar. ¿Que fas ti por aquí?- dixo el alonxándose un pouquiño do lado dela.

A bolboreta xa abrira os ollos e miraba ó pricipiño. Pareceulle simpático no seu vestir. Llevaba unha camiseta branca cuns bonecos dibuxados e un bañador de cor amarela. Non tiña moita aperencia de príncipe, pero pareceulle moi feito.

-Boas noites principiño, son unha bolboreta que quedou encantada no teu reino- dixo ela, sen poder ocultar un pequeno sorriso e poñerse algo colorada. -É que verás, estaba a voar atopeime con este lugar tan tranquilo e decidín parar un chisquiño, pero estaba tan a gusto que quedei durmida. Éspero non te molestar principiño-.

O principiño díxolle que non molestaba en absoluto, e era certo porque de veras se aledaba de que aquela mariposa estivera alí. Tamén ela se aledou de encontrar finalmente a alguén naquel lugar no que nada se movía.

-¿Por que non se move nada aquí, principiño?- dixo ela, ó que el constestou - Neste lugar todo está en calma sempre. A lúa alumea as noites e o sol os días, pero aínda que non o pareza, o vento peitea a herba e move as árbores que nos rodean-. E seguiu a lle contar moitas cousas sobre o seu reino.

A bolboreta non sentía nin ráfaga de vento, pero no fondo do seu corazón confiaba na palabra daquel principiño que lle estaba a falar de tantas cousas novas.

O noso principiño convidouna a pasa-la noite nun dos cuartos do seu castelo con fin de ensinarlle todo aquel lugar á mañán seguinte. Ela aceptou encantada e alá se foron recorrendo aquel camiño polo cal chegara o principiño.

Tras atravesar unha pequena ponte de pedra que se encontraba ó fin do camiño, entraron no castelo e o principiño propúxolle cear antes de se acostaren. Ela subeu a cambiarse ó que ía se-lo seu cuarto, e sacudiu as ás poñéndose o máis guapa que pudera para cear con aquel principiño que lle facía sentir tan ben, e ó que vía tan interesante. El, pola súa parte subeu a poñerse tamén guapo, afeitouse, como sempre, e baixou disposto cara o salón do castelo a encende-lo fogo do fogar.

Cando a bolboreta rematou de prepararse baixou as escalas buscando ó principiño. Comenzou a oir uns sons e foise acercando ó lugar de onde proviñan, ata chegar ó que era o salón. Nel estaba o principiño frente a un cálido fogo, sentado nunha bonita alfombra, afinando unha guitarra. Ela achegouse a el a escoita-lo tocar. O principiño ó principio non quería pero, tras convencelo cun sorriso, sacou un gran libro e comezou a tocar cancións para aquela mariposa.

Así pasaron a noite, cantando el, medio durmindo ela... pero moi contentos os dous.

Á mañán seguinte saíron a coñece-lo pequeno mundo daquel principiño e a bolboreta quedou encantada coas paisaxes, e co falar daquel xoven. Pasou o día, pasou outro día e a bolboreta tiña cada vez menos ganas de marchar.

Polas mañáns ían a unha pequena praia que se atopaba cerca a bañárense xuntos, o principiño poñíase nunha toalla e a bolboreta pousaba sobre o seu nariz e tomaban o sol. No serán ían a pasear ou pasábano ben mentras el tocaba a súa guitarra e ela bailaba ó seu redor axitando as súas bonitas ás de cor blanca, e polas noites sentíanse moi ben téndose un ó outro porque estaban felices.

A bolboreta pouco a pouco comenzou a sentir a presencia do vento nas súas ás, a sentirse treméndamente dichosa de poder ir revoloteando ó carón do nariz do seu principiño e nunca máis marchou daquel lugar, nin do lado del.

Texto agregado el 18-12-2003, y leído por 245 visitantes. (1 voto)


Lectores Opinan
25-12-2003 Muy tierno y sensible, me gustó. Saludos y mis estrellitas. Airedevalencia
25-12-2003 jjaja, que buena idea, un cuento en, portugues?, me lleva, siguiendo tu original idea, haré un cuento en (turiniano), menido lenguaje el mio, saludos, y un petición, transcribelo al español por favor, saludos, buon natale turin
19-12-2003 Eu gosto da história, muito bom. Felicitações, um beijo. Adeus. asculapio
18-12-2003 ? carolinaeme
18-12-2003 Me encantaría entenderlo!!! Cariños carolinaeme
 
Para escribir comentarios debes ingresar a la Comunidad: Login


[ Privacidad | Términos y Condiciones | Reglamento | Contacto | Equipo | Preguntas Frecuentes | Haz tu aporte! ]